Tabuyo propón ó Concello un estudo detallado da rede de sumidoiros

    sumidoiroscambados100_280807.jpgCAMBADOS > Os socialistas propoñen ó goberno local unha análise detallada da rede de sumidoiros do municipio…

    … O portavoz deste grupo, Domingo Tabuyo, cre que deste xeito se poderían buscar solucións ós molestos malos cheiros que provocan as deficiencias da rede.

    O PSOE de Cambados reitera a súa denuncia sobre os malos cheiros provocados pola rede de sumidoiros do municipio. O portavoz Domingo Tabuyo dirixiu un escrito ó Concello no que solicita un estudo detallado e real do estado actual da rede. Propón que se recollan todo tipo de datos para valorar cales son as zonas especialmente sensibles e cales son as debilidades da rede, e tamén para detectar puntos de vertidos ilegais.

    Para os socialistas este estudo sería un paso previo para formular solucións e alternativas a este problema. Tabuyo indica que as deficiencias na rede de sumidoiros orixina que saian ó exterior en numerosos puntos do concello malos cheiros, que mesmo accedes ó interior de vivendas. Para o PSOE é un problema de saúde, porque afecta á calidade de vida, alerxias e problemas respiratorios, pero tamén de imaxe, ante os propios veciños e ante os visitantes.

    Redacción Salnés