Xunta e concellos asinan un convenio de colaboración para rematar a Vía Verde do Salnés

SALNES> A vía verde do Salnés está máis preto de converterse nunha realidade. A xunta de Galicia firmou un convenio de colaboración cos concellos cun investimento de 200 mil euros. O proxecto ten como límite de execución ata decembro pero ambas administracións confían en que poda estar rematado no verán.

Os concellos de Caldas, Vilagarcía e Portas levan traballando dende o 2016 na construción da primeira vía verde de Galicia. Despois de anos de conversas e de diferentes desacordos entre as administracións implicadas, a Xunta de Galicia sumouse ao proxecto da vía verde do Salnés asinando un convenio de colaboración cos concellos.

A firma do convenio tivo lugar en Portas. Para o alcalde da vila a vía verde é unha oportunidade para dinamizar aos concellos.

Dende Vilagarcía destacaron a importancia desta vía de cara ao Xacobeo 2021. Resaltando a beleza dos 10 quilómetros do percorrido.

Dende Caldas engadiron que é unha vía que van a gozar moito os amantes do sendeirismo, da bicicleta e dos cabalos.

A conselleira asegurou que os traballos da súa competencia teñen de prazo límite para ser executados ata decembro pero agarda que poidan estar rematados para o verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí