VILANOVA> Os conselleiros do Mar e Facenda asinaron hoxe un convenio de colaboración entre os seus departamentos para o desenvolvemento dun sistema de información relacionada cos bancos marisqueiros. Un novo sistema no que se van investir 185.000 euros que permitirá tomar decisións baseándose en datos científicos e técnicos.
O desenvolvemento deste novo sistema de información para os bancos marisqueiros será impulsado pola AMTEGA, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que depende da Consellería de Facenda. De aí o convenio asinado esta mañá nas instalacións do CIMA, en Vilanova, entre o responsable deste departamento e a conselleira do Mar.
Entre eles, a saúde dos bancos marisqueiros ou parámetros ambientais do noso mar.
Un salto cualitativo din, que contribuirá a converter os datos en información de utilidade para o sector.
Tras a súa visita ao CIMA a conselleira estivo tamén no Intecmar, en Vilaxoán, un centro ao que asistiu hoxe por primeira vez como responsable do departamento de Mar.