![]()
VILAGARCÍA> O Consello de Administración da Autoridade Portuaria acordou conceder unha moratoria á UTE Liceo e Incat …
{flowplayer}images/salnes/porto_vilagarcia_260110.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía acordou conceder unha moratoria á UTE Liceo e Incat para presentar os avais do novo porto deportivo.
Así, dálle 15 días máis para entregar a garantía definitiva, da que quedan pendentes de pago 300 mil euros. Terán outros 15 días para os seguros e un mes máis para presentar o proxecto definitivo. Segundo indicou Javier Puertas, a crise actual e as dificultades destas sociedades para financiar este proxecto, son os motivos esgrimidos pola UTE para pedir a moratoria.
A crise económica tamén motivou outro dos acordos adoptados por este primeiro consello do ano, a conxelación das taxas que cobra o porto por servizos como a báscula, auga, electricidade, mantemento ou reparacións.
O presidente da Autoridade Portuaria non quixo adiantar datos sobre o balance económico de 2009. Pese ás dificultades vividas, como a sentencia de Finsa ou o bloqueo da terminal de contedores, Puertas mantense optimista.
Neste consello tamén se presentou a Francisco Alonso Lorenzo, como capitán marítimo en funcións ata que se faga oficial o nomeamento do substituto de Martín Rosales. Alonso Lorenzo compaxinará estas responsabilidades co seu traballo de conselleiro técnico de Seguridade e Medio Ambiente da Mariña Mercante.
Redacción Salnés









