O goberno local reúnese con expertos para falar sobre o PXOM

    xuntanzagrove_100_001.jpgO GROVE > O goberno local do Grove tivo onte unha xuntanza con arquitectos e técnicos en urbanismo

    …do concello para avaliar a situación do PXOM. A reunión produciuse a petición dos expertos para aportar ideas que poidan facer avanzar a redacción definitiva do documento. 

     Segundo o alcalde trátase de deixar que os expertos aporten suxerencias sobre aspectos técnicos e constructivos no plan urbanístico no que o executivo local está a traballar. Di o rexedor grovense que non se vai a desaproveitar o traballo feito polo anterior goberno local, senón ratificar algúns aspectos do texto que elaboraran e que non definen ben o modelo de vila que o actual equipo pretende.

    O PXOM é un documento moi desexado polos veciños do Grove, que lle piden ó executivo local que non demore máis a súa redacción final. O alcalde asegura o obxectivo do seu goberno é poder telo tramitado de xeito definitivo para o 2008. Queren ademais que sexa un plan que pense primeiro na colectividade e logo no privado.

    Hoxe celebrase no concello a primeira comisión de urbanismo con toda a corporación, incluidos os grupos da oposición, Alternativa Meca e o Partido Popular, para falar sobre o futuro plan de urbanismo. Pola súa banda, mañá o colectivo social meco reunirase co obxectivo de presionar ó concello para que acelere a redacción do PXOM.

    Redacción Salnés