Victoria balsámica do Viajes Interrías ante o Coruxo

futbolsala250_260110.jpgSALNÉS> O Grupo Junquera confirmou o seu baixón de resultados en Bueu onde empatou a dous goles mentres que o Viajes Interrías colleitou unha importante victoria ante o Coruxo, en Baltar, por 9-6.

Triunfo balsámico para o Viajes Interrías. Esta xornada visitaba Baltar un rival directo pola permanencia, o Coruxo, co que era fundamental gañar para non comezar a pasar apuros na zona baixa da táboa.

Os de Salgueiro impuxéronse por 9-6, nun auténtico partido de tolos no que ningún dos dous equipos dominou con claridade pero no que se dispuxo de moitísimas ocasións de gol dun e doutro lado. Os vigueses levaron a iniciativa no marcador na primeira metade, que concluíu con 3-4 no electrónico. O equipo adestrado por Piru non foi quen de marcharse no marcador porque cada gol seu era respostado por outro dos portonoveses.

Complicouselle o partido ó Viajes Interrías na segunda parte cando encaixou o quinto, pero foi ahí onde sacaron o mellor de sí mesmo para dárllela volta a situación e con seis goles consecutivos sentenciar o partido ó seu favor. Nos derradeiros minutos intentouno o Coruxo con porteiro xogador pero o Interrías manexou ben esa situación. Os portonoveses quédanse comandando un vagón de cola que cada vez está máis apretado. Son séptimos e están na parte media-alta da táboa. De tódolos xeitos, iso só significa cinco puntos co descenso.

Unha división por debiaxo o Grupo Junquera volveu a picar, desta volta en Bueu onde colleitou un empate a dous tantos. Sentoulles mal ós de Rodrigo Feijóo a derrota sufrida a semana pasada no derradeiro suspiro ante o líder. Os tantos de Fran e Gelabert na primeira metade facían presaxiar un partido sinxelo para os vilagarciáns, que logo non souberon sentenciar e viron como os locais lle empataban na segunda parte. Continúan cuartos na xeral, iso sí, poderían recuperar a terceira posición este venres cando disputen en Fontecarmoa o partido adiado fronte o Viveiro.

Redacción Salnés