A Deputación entrega as axudas ós clubes da provincia

subvencions250_080909.jpgPONTEVEDRA> Quince clubes da provincia de Pontevedra recibiron onte as axudas para este ano da Deputación. O seu presidente, Rafael Louzán fixo entrega das resolucións polas cales se lles conceden estas subvencións e comprometeuse con eles a seguir traballando e esforzándose npolo deporte en Pontevedra.

Rafael Louzán acompañado do deputado delegado de deportes, José Enrique Sotelo, mantivo unha xuntanza cos representantes de quince clubes e asociacións deportivas dos concellos de Vilagarcía, Sanxenxo e Pontevedra.

No acto fíxoselles entrega das resolucións polas cales se lles conceden estas subvencións. Foron os primeiros en recibilas pero non serán os únicos. Estes quince clubes repártense preto de 312.000 euros; todos levaranse ó redor de 12.000, como mínimo, algúns chegan ós 50.000.

As cantidades correspondentes faranse efectivas se non hai débedas con facenda ou con algunha outra institución.

Os que onte recibiron as axudas foron o Arxil, Leis, Federación Galega de Piragüismo, Escola de Piraguismo de Pontevedra, Superfroiz, Gimnástica de Pontevedra, Natación Galaico, Blaoncesto Ciudad de Pontevedra, Teucro, Portonovo, Arousa SC, Vilalonga, Arousa Futbol 7, BBC e AD Cortegada.

Con todos eles, Louzán comprometeuse a seguir traballando na creación e mellora de instalacións deportivas. Rematou Louzán silanando que estas achegas económicas son unha clara mostra do apoio que a institución provincial está a prestar en favor do mundo do deporte.

Redacción Salnés