Calizamar conta con autorización para retomar a actividade

    calizas.jpgBOIRO> Despois de nove meses coa licenza en suspenso, Calizamar poderá retomar a súa actividade posto que o concello levantou a paralización.

    {flowplayer}barbanza/calizamar.flv{/flowplayer}

    A finais do pasado ano, o concello de Boiro decretaba a paralización da actividade desta empresa dedicada á reciclaxe de mexillón ante as constantes denuncias de veciños, comunidades de montes e demais empresas radicadas no polígono de Espiñeira.

    Dende entón, a xerencia de Calizamar acometeu unha serie de melloras no seu sistema para evitar os vertidos e os malos olores derivados da súa actividade. En vista de que a maior parte dos probelmas foron solventados e o resto están en vías de solución, o concello decidiu retirar a suspensión.

    Posta a punto

    Aínda que Calizamar pode reiniciar a súa actividade cando o desexe, sen necesidade de pedir ningún permiso, polo momento aínda non comezou a traballar de novo. Na actualidade, a empresa está realizar tarefas de mantemento e posta a punto dos seus sistemas.

    Dende o concello están moi satisfeitos polo feito de que se poida retomar unha actividade tan necesario como a reciclaxe destes residuos, sempre que se faga en harmonía cos intereses dos veciños e o respecto ó medio ambiente.

    Redacción Barbanza