As oficinas de emprego abren polas tardes para atender a maior demanda

    ampliacionhorariooficinainem_100_080909.jpgBOIRO> Este martes a oficina de emprego de Boiro abría as súas portas en horario vespertino, ó  igual que outras quince oficinas de toda Galicia.

    {flowplayer}barbanza/ampliacionhorariooficinainem.flv{/flowplayer}

    A delegación do goberno en Galicia estima en máis de dezanove mil os potenciais beneficiarios do Programa Temporal de Protección por Desemprego e Inserción. É dicir, o dereito a unha paga mesual de 420 euros para aqueles desempregados que esgoten as súas prestacións e teñan rendas inferiores ó 75 por cento do salario mínimo.

    Este novo subsidio, coñecido como PRODI, aprobado a mediados de agosto, terá sen dúbida a súa repercusión na carga de xestión dos servizos públicos de emprego. É por elo, que a delegación do goberno decidiu ampliar o horario de apertura en dezaseis oficinas de emprego de Galicia, entre elas a de Boiro. 

    Apertura parcial

    Os usuarios que o desexen poderán acudir á oficina de Boiro os martes e os mércores pola tarde, en horario de catro e media a seis e media. Sen embargo, soamente poderán realizarse xestións informativas e presentación de solicitudes, sempre que os demandantes estean dados de alta previamente no servizo galego de colocación.

    Segundo a directora da oficina boiresa, a capacidade de atención do servizo non implica tempos de espera excesiva polo que o número de peticións pódese atender perfectamente en horario de mañá. Aínda así entenden que a apertura pola tarde pode resultar beneficiosa para persoas que se teñan que desprazar dende outras zonas da comarca ou que, por determinadas circunstancias, non poidan acudir en horario de mañá.

    Haberá que agardar a ver como evoluciona nos próximos meses, xa que nesta primeira xornada de apertura en horario vespertino, ningún usuario se achegou ata as instalacións. Ben puido influir o bo tempo ou a falla de información sobre a ampliación do horario.

    Redacción Barbanza