Nace en Ribeira unha delegación para os afectados por TDAH no Barbanza

RIBEIRA> Nace no Barbanza unha nova asociación para asesorar a afectados por trastorno de déficit de atención e hiperactividade. A entidade, que depende de TDAH Salnés, xa comezou a dar os seus primeiros pasos cunha xornadas informativas.

A necesidade dun grupo de nais de formar unha rede de apoio para afectados polo TDAH levounas a asociarse nunha nova entidade, xurdida da asociación TDAH Salnés que leva anos operando na outra marxe da ría.

Entre os seus obxectivos están os de dar visibilidade a este trastorno, aínda moi descoñecido e que segue a xerar rexeitamento social entre os afectados.

Ademais de información, asesoramento e apoio ás familias, a entidade ofrecerá ó igual que xa vén facendo no Salnés distintas terapias para os afectados. Terapias que a día de hoxe non cubre a sanidade pública e supoñen un gasto difícil de asumir para moitas familias.

Tras esta conferencia en Ribeira, a asociación continuará a traballar de xeito moi activo. Participarán nas xornadas sobre bullying que desenvolverá TDAH Salnés en Cambados o día 15 de marzo.