![]()
PONTECESURES> Nada menos que 700 racións de lamprea foron desgustadas polos centos de visitantes que se achegaron onte ó municipio.
{flowplayer}images/salnes/LampreaPontecesures2012.flv{/flowplayer}
Balance máis que positivo da que foi a décimo sétima edición da Festa da Lamprea de Pontecesures. Pouco antes das tres da tarde xa se esgotaran as máis de 700 racións que tiñan preparadas estas cociñeiras. En total preparáronse 300 lampreas, número que resultou difícil xuntar debido á carestía de produto que se está a rexistrar este ano.
Catro cociñeiras que prepararon unhas 75 lampreas cada unha para facer esas case 300 en total.
Por suposto, tampouco podía faltar á cita o alcalde. Álvarez Angueira, acompañado de Pachi Vázquez fixo unha visita ás cociñeiras e despois gozou tamén da súa ración de lamprea.
Cinco euros, ese foi o prezo por ración. Por cada unha destas cuncas con tres anacos de lamprea, á bordalesa acompañada de arroz e pan fritido. Aínda que moitos amosan certo recelo nun principio, a maioría dos que a proban repiten.
E tan boas foron as críticas como a participación, apenas tres horas se tardou en esgotar esas 700 racións que había preparadas. Agora haberá que agardar ata o ano que ven esperando que haxa máis chuvias e con elas tamén máis lamprea.
Redacción Salnés








