VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía esíxelle á Xunta axudas inmediatas para os mariscadores de Carril afectados pola alta mortaldade do marisco. Esta mañá, o alcalde da cidade mantivo un encontro con representantes do sector. Cre que é de xustiza o rescate do sector, logo de 4 meses sen actividade.
O concello de Vilagarcía mantivo hoxe unha reunión cos representantes dos mariscadores de Carril afectados pola alta mortaldade do marisco. O alcalde, que participou no encontro, apoia as demandas do sector. Di que a súa petición é moi clara: axudas directas para salva-lo sector.
O alcalde lamenta que a Xunta non actúe con rapidez na achega de axudas ós traballadores afectados. Alberto Varela entende que o goberno galego está tendo a mesma actitude que cando se detectou o problema.
E entende de xustiza que se axude ao sector, do mesmo xeito que se está apoiando a outros que se están vendo afectados pola pandemia.
A auga doce procedente das chuvias e tamén do desaugue do encoro de Portodemouros está detrás deste desastre biolóxico, que está a poñer contra as cordas a moitas familias.