VILAGARCÍA> Mobilización da mariscadoras de Carril tras a negativa da Xunta de Galicia a aceptar a modificación do seu plan de explotación. As traballadores piden que se lles cese a súa actividade debido a escaseza de produto. Culpa ao patrón maior de non querer enviar á consellería do mar os informes da bióloga.
As mariscadoras de Carril mobilizáronse de novo para denunciar os motivos que a Xunta de Galicia xustificou para non aprobar as modificacións do seu plan de explotación. A escaseza de produto provoca que as mariscadoras apenas poidan traballar. Por elo entre as súas peticións está a de aumentar os topes en caso de riadas para salvar o produto.
As mariscadoras tamén aseguran que as declaracións da directora xeral do mar son mentira e que o traballo destes meses no lles permite chegar ao salario mínimo.
Dada a situación que atravesa, as mariscadoras piden un cese de actividade para que o marisco poidan recuperarse e salvar as vindeiras campañas. Unha parada que dende a consellería do mar néganse a aceptar.
A confraría de Carril négase a mandar á Xunta a documentación necesaria para que o plan sexa aprobado. Por elo, as mariscadoras culpan directamente ao patrón maior de xogar co sustento de 87 familias.
As mariscadoras reclaman á Xunta que acepte a súa proposta sen ter en conta a negativa da confraría. Tamén piden á consellería que non permita que o Patrón maior dificulte o seus traballos. Continuarán mobilizándose ata que lles presenten unha solución.