RIANXO> O Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela presidiu a presentación do proxecto de Catalogación da obra de Castelao.
{flowplayer}barbanza/conselleiroculturarianxo.flv{/flowplayer}
Foron máis de dous anos de inxente traballo para recuperar o patrimonio do que é, en verbas de Miguel Anxo Seixas, coordinador do proxecto, un “símbolo” de Galicia.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e a Fundación Castelao colaboraron nun proxecto de recompilación, catalogación e dixitalización da totalidade da obra de Castelao. Unha colección de máis de tres mil oitocentas obras que aglutina imaxes, documentos gráficos, debuxos, cartas e libros, que agora se pode consulta en formato dixital.
No proxecto de catalogación, a Consellería de Cultura investiu trescentos mil euros. Pola súa banda, a Fundación Castelao encargouse da coordinación de tareas e do arduo traballo de recompilación co que se elaborou o catálogo dixital.
Material inédito
Un numeroso grupo de especialistas e investigadores realizaron procuras en Galicia, Madrid, Arxentina, Cuba, Estados Unidos, México ou Venezuela, dado que parte da obra de Castelao está rexistrada no exterior. Grazas a este traballo de documentación descubríronse obras inéditas do artista rianxeiro e recuperaronse moitas outras que estaban en mans privadas.
O conselleiro de Cultura tivo palabras de agradecemento e gabanza para todos os que traballaron na elaboración deste catálogo porque, dixo, permite situar a obra de Castelao na eternidade que se merece. O acto institucional rematou cunha ofrenda floral na horna do artista rianxeiro perante o busto emprazado no paseo de Ribeira.
Redacción Barbanza