O 1 febreiro remata o apagado analóxico en boa parte de Galicia

    tdt_copia100.jpgSALNÉS> Este luns tamén producirase o apagón analóxico de a 7 Canal Rías Baixas en Noia, que comezará a emitir no canal 27. Vilagarcía tamén se pasa á TDT.

    {flowplayer}images/salnes/TDT.flv{/flowplayer}

    Deste modo, retomaranse os apagados analóxicos nas áreas técnicas de Ares, Santiago e Meda, cos cales se darán por concluídas as fases 1 e 2 de implantación da TDT na comunidade galega. O cese analóxico desenvolverase nun total de 95 concellos: 45 pertencen á provincia de A Coruña, 4 a Lugo, 40 á provincia de Ourense e seis son concellos de Pontevedra.

    Este luns tamén producirase o apagón analóxico de a 7 Canal Rías Baixas en Noia, no canal 55. O encendido dixital nesa mesma zona producirase no canal 27. Sintonicen de novo o TDT e en caso de problemas, consulten co seu antenista.

    A 7 Canal Rías Baixas, xunto con Correo TV, somos as únicas empresas autorizadas pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, para prestalo servizo público de Televisión Dixital nas comarcas de O Barbanza, Muros e Noia. Ambas foron as gañadoras do concurso público realizado pola Xunta en 2005 e adxudicado no 2006.

    Ningunha outra televisión local que emita na actualidade nesas comarcas, posee a preceptiva licencia para a emisión en TDT.

     Redacción Salnés