A Marea de Noia desenvolverá esta fin de semana diversos actos de homenaxe a Avilés de Taramancos

    NOIA> O venres terá lugar unha proxección dun documental realizado polo seu fillo, Luís Avilés, e unha posterior charla–coloquio. Xa o sábado desenvolverase unha andaina e un xantar de confraternidade. A campaña “Sempre Avilés” de Marea Cidadá de Noia de homenaxe ó escritor local Antón Avilés de Taramancos iniciouse xa a primeiros de marzo coa distribución polos comercios da localidade de carteis con fotografías e poemas do autor. Aínda así a maior parte das actividades, coas que queran reivindicar a figura de Avilés cando se cumpren 25 anos do seu pasamento, desenvolveranse esta fin de semana.