Miles de devotos arrouparon á Guadalupe na procesión pola ría

    guadalupe.jpgRIANXO> Os rianxeiros iniciaron por todo o alto as festas da Guadalupe. O acto central desta fin de semana foi a procesión marítima.

    {flowplayer}barbanza/procesionguadalupe.flv{/flowplayer}

    Un ano máis os rianxeiros volcáronse coa Virxe da Guadalupe na súa tradicional procesión marítima. Desafiando o forte vento que arreciaba durante a xornada do domingo, centos de veciños e visitantes quixeron arroupar á Moreniña na súa travesía pola ría.

    A comitiva partía pasada a unha da tarde da capela do Campo onde se celebrou a misa solemne. De aí ó porto, onde máis de trinta embarcacións agardaban á virxe para seguila no seu tradicional paseo marítimo. Á cabeza o alcalde, Pedro Piñeiro, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que quixo sumarse tamén a esta homenaxe á virxe mariñeira.

    Emotivo acto

    Tanto por mar coma dende terra miles de fieis presenciaron emocionados a procesión que puxo a guinda ós festexos que durante a fin de semana encheron as rúas e prazas de Rianxo.

    Dende o venres pola noite, co pregón inaugural, foron miles as persoas que pasaron pola vila para desfrutar das múltiples actividades para todo tipo de públicos. Por diante, queda aínda toda unha semana de festas que culminarán o próximo venres coa tradicional cantata da rianxeira na que miles de bengalas alumearan unha noite máxica.

    Redacción Barbanza