Bombeiros dos parques comarcais mobilízanse por un convenio xusto

BARBANZA> Continúan as mobilizacións dos servizos comarcais de bombeiros ante a precaria situación dos seus traballadores que levan anos reclamando un convenio colectivo xusto cunha axeitada valoración dos postos de traballo xa que na actualidade non recoñece os riscos e a carga de traballo que implica este servizo esencial.

Tras case un mes en folga, no que os traballadores decidiron non facer horas extraordinarias, dez parques comarcais, entre eles o de Ribeira, víronse obrigados a pechar posto que non contan con persoal suficiente para garantir os servizos mínimos.

Dende o Comité de Folga denuncian ademais que os órganos de goberno dos Consorcios dos que dependen os parques comarcais, formados por Xunta e Deputación, non foron quen de ofrecer ningún tipo de mellora laboral.

Lonxe disto propoñen un convenio con condicións por debaixo das actuais, o que consideran un total menosprezo á súa profesión e o servizo que prestan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí