NOIA> Os amantes do cine de Noia e tamén da comarca poderán volver a disfrutar das proxecións cinematográficas no coliseo Noela, tras a constitución dun Cine Club que levará por nome ‘Claudio Guerín’.
A iniciativa xorde dun grupo de veciños afeccionados ó cine de autor-independente, e en versión orixinal, que non chega a tódalas salas.
A proposta conta co apoio do Concello, que dende un primeiro momento se mostrou moi ilusionado no proxecto, e coa colaboración de Cine Numax, que se encargará do deseño da programación.
Para abrir boca, xa teñen organizado o primeiro ciclo de cine que se desenvolverá do 11 de maio ó 8 de xuño, incluíndo películas como ‘El 47’, ‘Flow, un mundo que salvar’ ou ‘Sorda’, entre outras.
As entradas, a un custe de tres euros e medio, poderanse adquirirse de xeito anticipado na libraría Sementeira, bar Jaratusas e no café Tamara, e posteriormente tamén nas propias taquillas do Coliseo Noela. As sesións de cine serán os domingos ás sete da tarde.









