Remata a segunda fase do apagado analóxico en Galicia

apagonanaloxico_100_01022010.jpgNOIA> O cese analóxico produciuse nas principais cidades e nas provincias de Ourense e A Coruña. A 7 Canal Rías Baixas emite para Noia dende a canle 27.

{flowplayer}images/salnes/apagon_analoxico_noia.flv{/flowplayer} 

NOIA> Este luns remataron os apagados analóxicos correspondentes ás fases unha e dúas da televisión dixital terrestre. Nesta xornada producíronse os ceses analóxicos nas áreas técnicas de Ares, Meda e Santiago o que supoxo o apagado analóxico definitivo das provincias de Ourense e A Coruña, agás a zona da Barbanza. A 7 Canal Rias Baixas xa emite en dixital en Noia a través da canle 27.

Mensaxe informativa

Os telespectadores que nos sintonizaban en analóxico pola canle 55 dende o emisor instalado no monte San Lois, cuxa área de influencia é o concello de Noia, Outes e parte do municipio de Porto do Son, recibirán agora unha mensaxe na que se lles indican os pasos a dar para poder seguir véndonos en dixital.

Tan só é preciso entrar no menú do seu decodificador e acceder á configuración técnica. Unha vez aí, será necesario realizar unha sintonía manual e introducir a canle 27. Cando apareza o noso sinal, débese confirmar a selección e memorizar a Sete Canal Rías Baixas no número sete do seu mando a distancia.

Instalación dun amplificador

En determinadas vivendas unifamiliares ou edificios ó sinal pode ser feble, polo que será preciso que consulte co seu antenista de confianza para instalar un amplificador na antena e recibirnos, así, con total normalidade.

A 7 Canal Rías Baixas, xunto con Correo TV, é a única empresa autorizada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, para prestalo servizo público de Televisión Dixital nas comarcas de O Barbanza, Muros e Noia. Ningunha outra televisión local que emita na actualidade nesas comarcas, posee a preceptiva licencia para a emisión en TDT.

Terceira Fase

Ademáis de ós concellos da provincia de A Coruña e Ourense, o apagado analóxico chegou  tamén á zona de Arousa, concretamente á Vilagarcía, Vilanova, A Illa e Catoira e os concellos pontevedreses de Caldas e Crecente. Lembralles que Canal Rías Baixas xa emite en dixital na canle 47 dende o pasado dezanove de xaneiro dende o monte Xiabre. Asemade traballamos para comezar a emitir proximamente en TDT dende o monte Castrove para dar cobertura aos concellos da zona sur da comarca do Salnés.

A fase tres de implantación da televisión dixital terrestre afectará, fundamentalmente ás provincias de Pontevedra e Lugo e a zona da Barbanza. Aínda están sen fixar as datas definitivas destes apagados, datas que establece o Goberno central tras reunirse coas diferentes comunidades autónomas.

Redacción Barbanza