A ‘Rianxo Gaming Experience’ chegou para quedarse

RIANXO> Rotundo éxito da Rianxo Gaming Experience celebrada esta pasada fin de semana.

O evento, organizado polo Concello e producido por Lua Gaming, reuniu o sábado no Campo de Arriba a numerosos amantes dos videoxogos e as novas tecnoloxías.

Durante toda a xornada desenvolvéronse infinidade de actividades, que incluiron charlas obradoiros e mesmo torneos, cos concursos do Mario Kart e a Rocket League.

Na programación desta primeira edición da Rianxo Gaming Experience tamén tivo cabida a música coas actuacións do grupo  Funky Kongs e da Banda da Escola de Música de Rianxo, que se encargou de poñer o broche final ó evento, cun concerto no que se incluíron versións de temas de coñecidos videoxogos como o Tetris, o Super Mario ou o Legend of Zelda, entre outros.

Foi un final moi acaído para unha actividade que, vendo o resultado obtido, de seguro terá continuidade en vindeiros anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí