Xandre Millet será o pregoeiro da Semana do Orgullo LGTBI en Ribeira

RIBEIRA> Ribeira con orgullo. Baixo este epígrafe, o concello celebrará numerosos actos durante a próxima semana para homenaxear e visibilizar ó colectivo LGTBI.

O acto central será o propio dia do orgullo, o 28, co artista Xandre Millet como convidado de excepción.

O venres pola noite desenvolverase a partir das nove na praza de España un espectáculo de música, luz e humor a cargo de Cristian de Samil.

Ademais adornaranse as rúas da cidade con bandeirolas coas cores LGTBI e plantaranse flores no xardín do orgullo emprazado ó carón da estación de autobuses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí