Constitúese a Plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único

    plataforma_hospital_100_020210_copia.jpgPONTEVEDRA> O colectivo rexeita o centro de Monte Carrasco deseñado pola Xunta e aposta por impulsar o de Montecelo.

    {flowplayer}images/salnes/020210_plataforma_hospital.flv{/flowplayer}

    A plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra considera que a construción do centro de Monte Carrasco suporía desbotar os investimentos que se levan realizados na ampliación e mellora do Hospital de Montecelo. Por iso piden ó executivo galego que aposte por seguir co proxecto de ampliación destas instalacións. Así o especifican no manifesto que tamén presentaban onte nesta reunión de constitución. A cita contou cos rexedores de Pontevedra, Poio, Bueu, Marín e Cotobade, ademais de representantes sindicais da CIG e UXT e do partido socialista e BNG. A plataforma contou tamén co respaldo de colectivos sociais da zona sanitaria norte da provincia, como a Asociación de Veciños Teucro e Castelao ou a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública.

    A partir de agora a plataforma programará unha serie de actos por tódolos concellos afectados para presentarlles o seu manifesto e os argumentos para rexeitar a construción do hospital novo en Monte Carrasco, como planea a Xunta. A primeira das convocatorias realizarase na cidade de Pontevedra, e aínda que non fixaron data, barallan a primeira semana do mes de marzo.

    Redacción Salnés