Farjas presenta o Plan Funcional do hospital único ós alcaldes do Salnés

    pilar_farjas_100_020210_copia.jpgVILAGARCÍA> A conselleira de Sanidade insistiu en que este centro reforzará os servizos sanitarios do hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/020210_pilar_farjas_hospital.flv{/flowplayer}

    A consellería de Sanidade calcula que dentro dunhas semanas licitarase o Plan Director e o proxecto construtivo do Hospital do Salnés, polo que neste ano podería comezar a segunda fase das obras, centradas na ampliación do bloque cirúrxico. Para explicar os pormenores desta actuación, a titular de Sanidade convocou esta mañá ós rexedores da comarca, pero na axenda había previsto outro tema que centrou o protagonismo: a presentación do Plan Funcional de espazos do novo hospital único que a Xunta planea construír en Monte Carrasco. Por iso, a invitación se estendía ós demais alcaldes da área de influencia de Pontevedra que non participaran na presentación do pasado 18 de decembro. Tampouco acudiron nesta ocasión. Opóñense ó proxecto, ó igual que os rexedores de Vilagarcía e A Illa, que si asistiron pensando que só se ía falar sobre o hospital do Salnés.

    A conselleira de Sanidade presentou o novo hospital único de Pontevedra como un centro que virá a reforzar os servizos sanitarios do Salnés. Contará con especialidades que na actualidade só existen en Vigo, como Radioterapia, Cirurxía Maxilofacial, UCI Neonatal e Pediátrica, Unidade Coronaria ou Mediciña Nuclear. Pilar Farjas explicou tamén que o novo centro contará con 723 camas, 240 consultas e 20 quirófanos nunha superficie de hospitalización de 27.500 metros cadrados. Aínda que a actuación ocupará en total 150.000 metros cadrados. O vindeiro día dez de febreiro, a comisión de seguimento das obras terá a primeira xuntanza.

    A Xunta prevé construír este centro hospitalario en Monte Carrasco, na parroquia de Marcón, e contará cun orzamento estimado de entre 180 e 200 millóns de euros.

    Redacción Salnés