O goberno da Pobra contará con tres dedicacións exclusivas e unha parcial

A POBRA> O pleno da Pobra aprobou a proposta de organización do goberno que contempla tres dedicacións exclusivas e unha parcial. Serán para o alcalde, José Carlos Vidal, e as concelleiras Amparo Cerecedo, Estefanía Ramos e Eloy Sobrido.

O alcalde, José Carlos Vidal, e as concelleiras de Nós Pobra, Estefanía Ramos, e do BNG, Amparo Cerecedo percibirán as dedicacións exclusivas de 46.300 o primeiro e 33.100 as segundas. No pleno celebrado a primeira hora desta mañá aprobouse tamén unha dedicación parcial ó 25 por cento para Eloy Sobrido de VIP por importe de 10.600 euros brutos ó ano.

No que respecta ás asignacións por asistencia a pleno ascenden a 200 euros, 180 para xunta de goberno e 100 para comisións informativas, medida moi criticada polo Partido Popular posto que representa unha notable suba con respecto ó anterior mandato.

O reparto de áreas de goberno establece tres tenencias de alcaldía, unha para Amparo Cerecedo do BNG que asume tamén as concellerías de Promoción económica, Hostelaría e Comercio, Servizos Sociais e Ensino ; outra para a socialista Patricia Lojo que ademais de Cultura dirixirá os departamentos de Obras, Memoria Democrática, Sanidade e Relacións institucionais e a terceira para o independente Eloy Sobrido, responsable de Facenda. Deportes e Mocidade.

Xosé Lois Piñeiro asumirá as competencias en Urbanismo, Medio Ambiente e Benestar Animal mentres que Estefanía Ramos continúa á fronte de Servizos Municipais e Persoal incorporando ademais Turismo e Igualdade. A nacionalista Rosana Pérez dirixirá as áreas de Mobilidade e Participación Cidadá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí