![]()
VILAGARCÍA> Paráronse as competicións por mor da celebración da fase final da Copa Xunta, que se adxudicou o Lobelle de Santiago. Por tanto non xogou o Viajes Interrías pero sí o fixo o Grupo Junquera que aproveitou estas datas para disputar o seu encontro adiado ante o Viveiro. Os vilagarciáns impuxéronse 6-4.
Grupo Junquera e Porto Celeiro Viveiro disputaron esta pasada fin de semana o partido aprazado no seu día polo temporal de neve, correspondente á 15ª xornada ligueira. A victoria dos vilagarciáns (6-4) sitúalles de novo na terceira praza da xeral, lonxe iso sí do liderato e do segundo posto.
Custoulles sacar o partido adiante ós discípulos de Rodrigo Feijoo que se atoparon con un conxunto enfronte moi combativo. O dominio do ritmo de xogo e as ocasións foron para os locais que puideron golear pero acabaron sufrindo.
A primeira metade foi igualada. Cada vez que o Junquera tomaba a iniciativa no marcador os de Viveiro respostaban coa igualada. Con todo, un gol de Chini deixaba as cousas en 3-2 no descanso.
Na segunda metade os riscos tomados por uns e outros foron menores ata que no tramo final os visitantes decidiron sacar porteiro-xogador e o encontro toleou. Primeiro serían Gelabert e Sesar, que puxeron o 5-2. Pero en apenas sesenta segundos un doblete do lucense Brais, poñía a incertidume no resultado. Sería Fran o que a falta de 32 segundos para o pitazo final puxese o sexto no taboleiro de marcas, certificando o triunfo local e asinando de paso un hattrick na súa conta persoal. O Grupo Junquera recibirá a semana que ven o Cerdedo, penúltimo na xeral.
O Viajes Interrías pola súa parte descansou esta xornada. Os de Salgueiro tiveron unha semana tranquila logo da súa victoria ante o Coruxo que os coloca na séptima praza da xeral, aínda que preto dos postos de descenso. Esta fin de semana terán un importante partido ante un rival directo como o Leis Pontevedra.
Redacción Salnés







