Pontecesures dotará de saneamento a Grobas e Fenteira con cargo ó Plan E

    pleno_pontecesures100.jpgPONTECESURES> A Corporación aprobou onte nun pleno extraordinario o reparto dos fondos do novo Plan E.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_cesures.flv{/flowplayer}

    PONTECESURES> A Corporación de Pontecesures aprobou onte nun pleno extraordinario o reparto dos fondos do novo Plan E.

    A este concello correspóndenlle 336 mil euros, dos que preto de 190 mil se destinarán á dotación de saneamento e instalación dunha depuradora de residuais nos lugares de Grobas e Fenteira. Colocaranse 1.200 metros de tubería para recoller as augas fecais destas dúas aldeas, e instalarase a EDAR en terreos cedidos por particulares. Tamén co Plan E se acometerá outra obra de saneamento na travesía da Rúa do Campo de Porto. Deste xeito completarase este servizo básico en todo o municipio.

    O tripartito non conseguiu os votos a favor do BNG. Os nacionalistas están de acordo coa obra de Grobas, pero non así coas actuacións destinadas a edificios municipais. En total son sete proxectos. O goberno municipal financiará ademais con cargo ó Plan E arranxos no pavillón, no campo de fútbol e na casa de Cultura e biblioteca. Tamén se colocará unha marquesiña fronte á gardería e instalarase unha aplicación informática para modernizar a administración municipal.

    Redacción Salnés