Carlos Padín regresa ó Arousa con ‘experiencia e ilusión’

padin_arosa100_030807.jpgVILAGARCÍA > O Arousa presentou á súa fichaxe estrela para a vindeira tempada. Trátase do centrocampista Carlos Padín, …

… que regresa ó club arlequinado 12 anos despois, co obxectivo de aportar experiencia a unha plantilla reforzada con xogadores mozos. O debut do catoirense podería producirse mañá no partido que disputará o Arousa co Ribadumia no campo da Lomba, ás sete e media.

padin_firmaarosa200_030807.jpgO xogador catoirense Carlos Padín acada de fichar polo Arousa para os vindeiros dous anos. O club acólleo para que aporte a súa experiencia a unha plantilla reforzada con xogadores novos. O centrocampista asume este papel nun club ó que regresa doce anos despois.

Padín recoñeceu que tiña ofertas máis interesantes economicamente, pero que coñecer a parte da plantilla, ó adestrador e estar preto da casa terminaron inclinando a balanza do Arousa. En canto ás dúbidas do seu estado físico, con 32 anos, o futbolista lembrou que nunca tivo lesións e pide que antes de falar o vexan no campo.

Coa fichaxe de Padín, o club dá case por cerrada a plantilla. Ademais, o presidente José Manuel Gómez afirmou que o capítulo de fichaxes respectou o presuposto marcado e que as arcas do club non se viron agravadas.

Redacción Salnés