Cuntis celebra o primeiro certame de Tapalacón, esta fin de semana

    tapalacon_copia100.jpgCUNTIS> O 5 e 6 celébrase o certame  no que participan 10 establecementos do municipio. Trátase de aunar a oferta cultural e de ocio coa celebración do carnaval.

    {flowplayer}images/salnes/TAPALACON.flv{/flowplayer}

    Cuntis quenta motores para a festa do Lacón, do próximo día 21, e o fai ofrecendo un certame de creación de tapas dedicado ó lacón con grelos. O obxectivo é por en valor a gastronomía do Concello, que ten moi bos alimentos que ofrecer.

    Dez restaurantes van ofrecer ós clientes un variado menú para tódolos gustos. Poderemos atopar dende pratos de toda a vida ata combinacións moi innovadoras.

     Ésta é a primeira edición do certame tapalacón e os nervios están a flor de pel, pero, tanto dende o concello como os veciños, teñen moi boas expectativas.

     A Concelleira de Cultura, Belén Pazos, recoñece que esta iniciativa era necesaria xa que a crise está afectando ó sector servizos e, engade, ahi que facer o todo o posible por reflotalo.

    Pero a fin de semana non ten por que quedar só nas tapas. Cuntis nos ofrece, entre outras moitas cousas, un marabilloso balneario, un paseo polas súas rutas de sendeirismo e un castro digno de coñecer.

     Redacción Salnés