O Conselleiro de Economía reúnese cos empresarios de Valga

    economia_copia100.jpgVALGA> Guerra destacou o compromiso da Xunta para financiar os investimentos ou as necesidades de circulante, das pemes galegas.

    {flowplayer}images/salnes/JAVIER_GUERRA_EN_VALGA.flv{/flowplayer}

    Durante o encontro cos empresarios, o conselleiro de Economía e Industria, referiuse á prórroga dos programas re-imaxina e re-solve, que acollerán solicitudes de apoio ata o próximo 30 de xuño. Javier Guerra destacou que este ano o IGAPE porá o acento en impulsar iniciativas para conseguir que os apoios sexan máis efectivos para as empresas.

    Guerra sinalou que, en 2009, o IGAPE apoiou preto de 9.000 proxectos empresariais na provincia de Pontevedra, habilitando préstamos por importe de 210 millóns de euros.

    O conselleiro tamén destacou que, o ano pasado, as solicitudes aprobadas na comarca do Ulla-Umia, ascenderon en máis dun 515%, con respecto a 2008.

     O titular de economía e industria, recordou o compromiso do goberno da Xunta de baixalos impostos.

     O alcalde de Valga, José María Bello, agradeceu a presenza do conselleiro, e sinalou que este tipo de reunións sobre economía e traballo son habituais no concello.

    Redacción Salnés