Os alcaldes socialistas do Salnés reúnense no Grove para pedir o voto para Pedro Sánchez

O GROVE> Na última semana da camapaña electoral, os socialistas do Salnés xúntanse no Grove para pedir o voto a Pedro Sánchez. Os diferentes alcaldes e alcaldesas destacaron os apios que reciben das administracións que goberna o PSOE e contraposición coas que lideran os populares. Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG en Pontevedra prometeu diferentes programas para potenciar o turismo e o sector industrial do mar no Salnés.

A campaña electoral abarca moito máis que os grandes debates electorais que copan os medios de comunicación nos últimos días. Dende cada localidade, os políticos traballan para achegar o seu programa a toda a poboación. Con este obxectivo os alcaldes e alcaldesas socialistas do Salnés, o secretario xeral do PSdeG en Pontevedra, o candidato número catro ao congreso xunto con máis membros do partido xuntáronse no Grove para pedir o voto a Pedro Sánchez. Os rexedores destacaron os apoios que reciben por parte do goberno central e da Deputación e falta de axudas por parte da Xunta.

O secretario xeral do PSdeG en Pontevedra tamén criticou a xestión da Xunta de Galicia. David Regades prometeu diferentes programas para a comarca do Salnés. O primeiro deles un programa activo para o turismo.

Outra das súas propostas é un programa industrial específico.

A alcaldesa de Meis defendeu o voto ao seu partido para seguir loitando contra a violencia machista.

No acto Regades puxo de exemplo aos alcaldes e alcaldesas do Salnés do que asegura é a maneira de gobernar do seu partido: boa xestión e proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí