A Xunta inviste 800.000 euros na ampliación do IES Francisco Asorey de Cambados

    Esta mañá asinouse o repranteo das obras de ampliación do O Instituto Francisco Asorey de Cambados, que lle permitirá adaptar os seus ciclos formativos á LOMCE. O delegado territorial da Xunta, e o Xefe territorial de Educación, participaron na sinatura dunhas obras que contan cun investimento autonómico de preto de 800.000 euros. O delegado territorial da Xunta en pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asistiu esta mañá ó repranteo das obras de ampliación do IES Francisco Asorey de Cambados. Acompañado polo Xefe territorial de Educación César Pérez, polo concelleiro de Educación, Victor Caamaño, por representantes da empresa, San José Construccións , e polo director do centro, Ángel Manuel Rey, quen destacou a necesidade destas obras. grazas a esta ampliación o centro poderá atender á demanda da implantación da FP Básica así como á adaptación dos ciclos formativos profesionais á LOMCE, que pasan a ter unha duración de 2.000 horas. O delegado territorial da Xunta, destacou que esta inversión, de preto de 800.000 euros vén confirmar o compromiso do goberno autonómico coas infraestruturas educativas de Cambados. O concelleiro de Educación, Victor Caamaño, agradeceu estes investimentos. As obras do Asorey comazarán o 23 de xuño, en canto remate o período lectivo, e teñen un prazo de execución de catro meses. Aínda así, agárdase con que rematen antes, para que o centro esté en condición para comezar o novo curso en setembro.