O IES Francisco Asorey gaña un dos premios do proxecto ‘Climántica’

    climantica_100_030210_copia.jpgCAMBADOS> Trátase dun programa educativo de carácter científico que integra a preto de 60 centros de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/030210_climantica.flv{/flowplayer}

    Climántica é un proxecto de educación ambiental centrado na concienciación do estudantado galego sobre a problemática do cambio climático. Esta iniciativa didáctica agrupa na actualidade a preto de 60 centros de ensinanza secundaria e bacharelato toda a comunidade, e está promovido pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

    Cada un dos centros que forma parte desta iniciativa debe desenrolar un proxecto curricular propio. No caso do IES Francisco Asorey de Cambados, este é o segundo ano que participa no programa Climántica, e o resultado está a ser moi positivo. Pouco a pouco ven como vai medrando entre os alumnos o seu interese pola ciencia e o cambio climático, un interese que trascende as aulas. Participan en obradoiros, incluso toman a iniciativa para propoñer temas de debate e buscar información sobre fenómenos medioambientais. A maioría destes traballos publícanse en internet, no blog que posúe cada centro da rede Climántica. De feito, o blog do IES Francisco Asorey é o máis visitado da rede Climántica.

    Este instituto de Cambados entrou hai dous anos na rede Climántica, e por segunda vez consecutiva, a administración vén de recoñecer o seu traballo educativo cun premio valorado en 1.500 euros. Para coñecer todo o traballo realizado por estes mozos e outros alumnos da rede de centros só hai que conectarse a internet e visitar a páxina www.ies.franciscoasorey.ccmc.climantica.org ou ben www.climantica.org.

    Redacción Salnés