VILANOVA> Avanzan a bo ritmo os traballos de reforma do Club de Xubilados de Vilanova. O proxecto suporá unha importante mellora das instalacións. Ademais de amplialo, contará con novos espazos diferenciados para acoller distintas actividades. De feito, a intención do concello e do Consorcio Galego de Servizos de Benestar é converter o local nun Centro Interxeracional.
En mes e medio os xubilados de Vilanova poderán gozar dunhas novas instalacións. Avanzan a bo ritmo os traballos de reforma do antigo Club de Xubilados, que contará cun local máis amplo e con espazos diferenciados.
A intención do goberno local é sacar o maior partido destas novas instalacións. De feito, agardan que o proxecto permita conciliar diferentes xeracións do concello, converténdoo nun centro Interxeracional.
A reforma foi posible grazas a un investimento de máis de 200 mil euros do Consorcio Galego de Servizos de Benestar. Segundo o xerente, as actividades que acollerán estas instalacións axudarán a previr a dependencia.
Comments are closed.