Rianxo destina o Plan Anticrise á aforro enerxético e saneamento

    plananticriserianxo.jpgRIANXO> A este capítulo asignou o setenta por cento da partida achegada polo Goberno Central que acada o millón de euros.

    As actuacións que formarán parte do segundo Plan E do goberno Central son un compendio das propostas feitas polos grupos que conforman a corporación local rianxeira, indicaron dende o grupo de goberno municipal.

    Ó capítulo de medidas de aforro enerxético destinaranse catrocentos trinta mil euros, un corenta e tres por cento da achega total, que supera escasamente o millón de euros. Así, procederase a instalación de paneis solares térmicos na piscina municipal e no polideportivo de Rianxo o que permitirá aforrar un corenta por cento na factura nestas instalacións deportivas. Tamén se colocarán novos puntos de alumeado na localidade e se cambiarán as lámpadas actuais por outras de baixo consumo.

    Melloras centros de ensino

    Grazas a esta subvención, o goberno rianxeiro realizará obras de mellora da rede de pluviais e de saneamento no lugar de Fincheira, no lugar de Burés e na estrada de Tanxil, orzamentadas en trescentos vinte mil euros. Neste apartado tamén se incluirá a colocación de detectores inalámbricos de alarmas nas estacións de bombeo.

    {flowplayer}barbanza/plananticriserianxo.flv{/flowplayer}

    Continuando cas actuacións realizadas no Plan Estatal anterior no capítulo do ensino, o concello de Rianxo seguirá apostando por melloras nas instalacións dos centros do municipio. Así, dotará de sistema de Wifi ós colexios Castelao e Brea Segade. Neste último colexio está previsto reformar o patio exterior. Tamén se realizarán arranxos nas escolas unitarias das parroquias de Taragoña, Asados, Leiro, Rianxo e Araño e no muro que pecha o perímetro do campo de fútbol de A Lomba.

    O orzamento nestas actuacións supera os douscentos mil euros. Por último, acolléndose a partida prevista nos Fondos Estatais para gasto social, asignáronse douscentos cincuenta mil euros ó pago dos custos de persoal e mantemento dos centros de ensino e das instalacións dos servicios sociais municipais.

    Redacción Barbanza