Chega a XXXVII edición do Rali Berberecho de Noia

NOIA> Todo preparado en Noia para acoller a 37 edición do Rali Berberecho de Noia. A cita, unha das probas con maior soleira das que se disputan en Galicia, terá lugar xa esta vindeira fin de semana, os días 14 e 15 de abril, baixo a organización da escudería Berberecho e a Federación Galega de Automobilismo.

O Rali constará de dez tramos cronometrados, seis deles diferentes, dos que catro serán a dobre pasada. O venres pola tarde disputaranse os dous primeiros tramos, mentres que o sábado celebraranse o resto.

Pechadas xa as inscricións, con 120 equipos participantes, destaca a a presenza dos actuais campións galegos,  Víctor Senra e David Vázquez, co seu Citroën C3 WRC, e de Luis Penido, co Hyundai i20 R5, ou Alberto Meira, co Skoda Fabia R5.

A proba terá ademais un carácter solidario xa que unha parte da inscrición irá destinada a FundAME, unha organización de ámbito estatal orientada a fomentar o coñecemento e a investigación da atrofia muscular espiñal e á mellora da calidade de vida dos seus afectados e familiares.

Dende a organización do rali e tamén dos concellos colaboradores convidan a achegarse esta vindeira fin de semana a Noia e a súa comarca para presenciar esta proba deportiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí