Castro Ratón e Ana Lorenzo presentan as actividades de Entroido

    entroido100_040210_copy.jpgVILAGARCÍA> O pistoletazo de saída darase o día 14 co festival de comparsas e o peche o sábado 20, co enterro da sardiña en Vilaxoán.

    {flowplayer}images/salnes/entroidovilagarcia_040210.flv{/flowplayer} 

    Xosé Castro Ratón, concelleiro de cultura, e Ana Lorenzo, edil de xuventude, presentaron esta mañá no Auditorio Municipal o extenso programa de actividades do concello para este entroido. A gran novidade nesta edición será o traslado de data do enterro da sardiña de Vilaxoán. Pasará a celebrarse o sábado 20, e non o mércores era habitual. Será ás 19:00. Para as 17:00 dese mesmo día quedará o do arenque en Bamio. A tradición do mércores conservarase en Carril, onde sí será o día 17, comezando o velorio ás 17:00 e o enterro ás 19:00.

    Antes desas datas celebraranse máis actividades. A primeira deles o domingo 14. A partires das 17:00 o Auditorio será tomado polo festival de comparsas, que non terá carácter competitivo.

    A Praza da Peixería acollerá o luns un Baile Infantil, con música e obradoiros para o desfrute dos máis pequenos. Para o martes quedará o desfile de disfraces e carrozas, que aínda non ten o seu percorrido definido polas rúas de Vilagarcía. Repartiranse premios en metálico ós mellores grupos e ós mellores disfraces individuais ou por parellas, divididos ambos apartados en dous niveis, para maiores de 14 anos e para menores desa idade. O fin de festa dese martes de entroido porase na Peixería co tradicional baile

    Redacción Salnés.