VILAGARCI> As traballadoras de Berskha na provincia de Pontevedra comezarán, este xoves, unha folga de carácter indefinido para reclamar a súa equiparación laboral co resto de compañeiros doutras provincias. Melloras en materia da xornada laboral, pluses, retribucións, permisos e excedencias, permisos de lactancia ou vacacións son só algunhas das melloras que reclaman os empregados de tenda, dos cinco establecementos de Berskha que hai na provincia de Pontevedra. En total están chamados a folga uns 65 traballadores entre as tendas de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo. En canto á xornada, reclaman a consolidación en aumento de xornada do 15% do total das horas complementarias feitas cada ano no conxunto da provincia, asignando este aumento por criterio de antigüidade; un sábado libre ao mes e un máximo de tres peches semanais para todo o persoal co obxectivo de rematar coa discriminación que sofren as empregados con contrato a tempo parcial. Este mércores na sede da CIG en Vilagarcía, anunciouse a posibilidade de que a empresa desprace a traballadoras de outros centros de traballo para abrir as tendas, unha idea que rexeitan dende o sindicato, onde aseguran que dende cedo estará instalado as portas do establcemento un piquete informativo da situación.
Inicio Salnés - Caldas








