Unhas 20 empresas súmanse á Ruta da Cultura Marítima do Salnés

    ruta_cultura_maritima100.jpgCAMBADOS > Xa está en marcha a Ruta da Cultura Marítima do Salnés, deseñada pola Fundación Comarcal e que ten adheridas unhas vinte empresas.

    {flowplayer}images/salnes/RUTA_CULTURA_MARITIMA.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > Xa está en marcha a Ruta da Cultura Marítima do Salnés, unha iniciativa deseñada pola Fundación Comarcal e que ten adheridas unhas vinte empresas. A través deste itinerario, o turista pode visitar empresas relacionadas coa transformación de produtos do mar e incluso asistir en directo ás faenas da pesca e do marisqueo.

    As oficinas de turismo teñen xa folletos sobre a nova ruta da Cultura Marítima do Salnés. Están redactados en cinco idiomas e con información horarios e teléfonos de contacto para concertar as visitas. Este material informativo compleméntase tamén co soporte telemático que ofrece a Mancomunidade do Salnés, a través de Bluetooth e das pantallas táctiles. Ademais, deseñouse unha páxina web: ww.culturamaritimasalnes.info. Esta ruta foi presentada xa na feira Intur e en xaneiro irá á Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid.

    Segundo a Xunta, esta ruta entra dentro das novas preferencias do turista, que segundo as enquisas, aposta por escapadas máis curtas a lugares con características propias, como pode ser Galicia e a súa cultura marítima. Trátase dunha iniciativa pioneira en que se desenvolve ó amparo do programa europeo Proder II e conta cun presuposto de 66.000 euros. Nel participan tódolos concellos da Mancomunidade do Salnés, ademais de empresas privadas e entidades relacionadas coa cultura e o mar.

    Redacción Salnés