Liberdade sen fianza para o presunto asasino de Mari Luz Posse

    garda_civil_copia100.jpgCAMBADOS> Un erro na interpretación da Lei de Enxuizamento Criminal provocou que a xuíza firmara a prórroga da prisión preventiva un día despois de que acabase o prazo.

    {flowplayer}images/salnes/ASASINO_MARI_LUZ.flv{/flowplayer}

    Esta decisión tomouse trala comparecencia celebrada esta mañá nas dependencias xudiciais de Cambados, onde se persoaron os avogados de ámbalas partes, así como o Ministerio Público, a xuíza e o propio Jaime Maíz. O auto supuxo un duro mazazo para os familiares de Mari Luz Pose.

    O garda civil, saíu hoxe do cárcere despois de dous anos de prisión preventiva. Un erro na interpretación da Lei de Enxuizamento Criminal entre dúas instancias xudiciais, provocou que a xuíza firmara a prórroga da prisión preventiva un día despois de que acabase o prazo.

     A familia pide celeridade na celebración do xuízo.

     Jaime Maíz Sanmartín deberá persoarse tódolos días nos xulgados de Ferrol e ten prohibido voltar a Cambados.

     O garda civil matou dun disparo á súa ex moza no cuartel de Cambados hai 2 anos cando esta o ía denunciar por acoso.

    O alcalde, Luís Aragunde, e a Asociación Cambados Zona Centro, mostraron todo o seu apoio á familia da vítima.

    Redacción Salnés