A rapazada do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia crea un mosaico do 25N

RIBADUMIA> En Ribadumia, o epicentro deste Día contra a Violencia de Xénero foi  o colexio Julia Becerra Malvar. Uns 70 nenos e nenas de 5° e 6° de primaria debuxaron no patio do centro un gran 25N na compaña do alcalde e membros do CIM da Mancomunidade do Salnés. A lectura do manifesto tamén correu a cargo do alumnado.

A rapazada do CPI Julia Becerra Malvar foi a gran protagonista deste Día Internacional da Elmininación da Violencia contra a Muller en Ribadumia. O alumnado de 5º e 6º de primaria, ataviado con luvas negras, debuxou no patio do colexio un mosaico cun gran 25N. O alcalde de Ribadumia, presente no acto canda a outros membros do goberno local, salienta a importancia de trasladar estas reivindicacións á rapazada, para construír un futuro en igualdade.

O alcalde e tamén presidente da Mancomunidade reivindicou o traballo que se vén facendo dende o concello, pero tamén dende o CIM do organismo comarcal, ao longo de todo o ano.

Varios nenos e nenas foron os encargados de darlle lectura ao manifesto, neste caso, ao texto elaborado polo CIM da Mancomunidade, do que forman parte -ademais do de Ribadumia- os concellos de Meis, Meaño, Cambados e Vilanova.