Máis dun milleiro de mozos do Salnés viaxa xa coa tarxeta ‘Xente Nova’

VILAGARCÍA> Máis de 1.1 00 mozos da comarca do Salnés contan xa coa tarxeta Xente Nova da Xunta, que lles permite viaxar de balde no trasnporte público. O servizo, do que se benefician os menores de 21 anos, vén de extenderse xa por tódolos concellos de Galicia. Esta mañá, a conselleira de Mobilidade entregoulle a tres mozos de Vilagarcía o seu carné.

A tarxeta Xente Nova permita que os menores de 21 anos poidan usa-lo transporte público de balde. O seu uso esténdese agora a todo o territorio, podendo moverse por calquera concello. Esta mañá, a conselleira de Mobilidade achegouse ata a estación de Vilagarcía para facerlle entrega do seu carné a tres mozos da cidade.

Máis de 1.1 00 mozos da comarca do Salnés contan xa coa tarxeta. A conselleira fala de ‘conquista social’ da mocidade, que fomenta o uso do transporte público ao tempo que supón unha importante axuda económica ás familias. Ethel Vazquez pon  un exemplo.

O alcalde de Vilagarcía non puido, por cuestións de axenda, asistir a este acto da Xunta. Alberto García celebra a posta en marcha desta tarxeta para a mocidade. Con todo, o rexedor insiste en que no Salnés o problema do transporte vai moito máis alá.

E engade que esta non é unha cuestión de cores políticos porque -di- tódolos alcaldes da comarca levan anos reivindicando unha mellora de conexións entre os municipios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí