SALNÉS > Os equipos da comarca do Salnés acadaron grandes resultados esta fin de semana no tocante a tenis de mesa. O Establecimientos Otero continúa a pasearse en Primeira Nacional mentres que o Grupo Barros gañou a un rival directo, o Monte Porreiro.
Dez de dez para o Establecimientos Otero. Os cambadeses levan estE ano unha traxectoria inmaculada que de seguro o converte nun dos candidatos máis fortes ó ascenso. A súa última víctima foi o Liceo Casino de Vilagarcía ó que dobregaron sen problemas por 4-1.
En Segunda Nacional xogábase quizáis o partido máis interesante da xornada, o que enfrontaba a Grupo Barros con Monte Porreiro, terceiro contra segundo clasificado. As opcións de ascenso dos cambadeses pasaban por gañar este encontro e o acadaron, despois de loitar máis de tres horas e media. Ó final 4-3, continúan terceiros pero agora a tan só unha victoria do segundo posto.
Xa en Primeira Galega o Caixa Galicia colleitou unha inesperada derrota ante o Monte Porreiro B (0-4), polo que perden o liderato en favor dos pontevedreses. Tamén caeu derrotado o Joyería Enrique por 4-1 ante o Club del Mar Juvenil.
Mellor lle foron as cousas ó Caixanova en Segunda Galega, que venceu por 4-1 ó Cinania.
Xa por último, a terceira autonómica vivíu dous derbys de rivalidade comarcal, que enfrontaron ó Liceo Casino Junior con Insucarpi e Astegal. Doble derrota para as vilagarciáns que continúan ocupando o último lugar da táboa.
{flowplayer}images/salnes/tenismesa_230108.flv{/flowplayer}
Redacción Salnés