A praia de Tanxil acollerá este sábado o I Torneo de Rugby-Praia de Rianxo

RIANXO> O campionato, organizado polo Club Os Irlandeses de Rianxo e o Club Barbanza Rugby, dará comezo a partir das once da mañá. Esta mañá presentábase no salón de plenos da casa consistorial rianxeira o primeiro Torneo de Rugby-Praia de Rianxo. A actividade está organizada polo Club Os Irlandeses de Rianxo e o Club Barbanza Rugby, en colaboración co concello de Rianxo. A día de hoxe, á falla de varios día spara o inicio da competición, xa hai inscritos un total de nove equipos, sete en categoría masculina e dous en feminina, procedentes de diferentes puntos de toda Galicia. Paralelamente á celebración deste torneo, estase a desenvolver tamén en Rianxo un Campus de Rugby organizado pola Federación Galega de Rugby no que participan máis de trinta rapaces de diferentes idades. A iniciativa está coordinada pola xogadora local, Vanesa Rial, integrante da Selección Nacional de Rugby. Un dos principias obxectivos deste torneo é fomentar esta modalidade deportiva non só en Rianxo senón tamén en toda a comarca. Un feito que agradan poder conseguir tamén coa refundación do Club Barbanza Rugby.