Ruíz demanda a dotación de seis novos bombeiros ó parque de Ribeira

    ruizbombeiros_100_050210.jpgRIBEIRA> O deputado do PPdeG, Manuel Ruíz, solicitaralle á Xunta  unha maior dotación de efectivos para o parque de bombeiros de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/ruizbombeiros.flv{/flowplayer}

    Aproveitando o novo concurso para a concesión dos parques de bombeiros que podería realizarse antes do verán, o actual atópase prorrogado á empresa Veicar, o deputado Manuel Ruíz solicitaralle á Xunta de Galicia que dote ó concello de Ribeira de sede propia, e que aumente a súa dotación de efectivos, igualándoa ó resto de parques da provincia da Coruña.

    Para xustificar a súa solicitude Manuel Ruíz sinalou que a subsede de Ribeira, a pesar de dispor de tan só de 12 traballadores, fronte ós 18 de media do resto de parques coruñeses, foi a terceira que máis intervencións realizou dutrante o 2009 por detrás de Arteixo e Betanzos.

    Redacción Barbanza