OUTES> No Concello seguen con preocupación este brote de gastroenterite que afecta dende hai uns días xa a medio cento de veciños.
Á espera de recibir os resultados das analíticas realizadas xa o pasado martes, o goberno local mantén aínda, por precaución, a prohibición do uso de auga da traída municipal pasa consumo humano e uso alimentario.
Segundo explicou o rexedor o brote afecta a distintas zonas do Concello.
Polo de agora descoñecen a posible orixe deste brote. E esa incerteza é o que preocupa especialmente ó Concello.











