A Xunta construirá unha nova rotonda no cruce do Facho

    beirarruas_castrelo100.jpgCAMBADOS> A Xunta construirá unha nova rotonda no cruce do Facho, en Castrelo. O alcalde de Cambados, Luís Aragunde, visitou …

    … as obras de mellora da seguridade viaria da PO-549, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra José Manuel Cores Tourís e do xefe territorial de Infraestruturas, Evaristo Juncal.

    Os tres estudaron sobre o terreo a posibilidade de construír unha rotonda no cruce do Facho, que adoita ter moito tráfico. Segundo explicou Cores Tourís, na zona estaba previsto construír carrís de incorporación, pero os técnicos consideraron que sería moito mellor habilitar unha rotonda para facilitar a incorporación á estrada xeral e tamén para reducir a velocidade. Nesta estrada tamén se habilitarán outras dúas rotondas, no cruce do Facho e no límite con Meaño.

    Os responsables políticos indicaron que a Consellería de Infraestruturas está a atender moitas das queixas dos veciños de Castrelo por esta obra. Unha das reivindicacións veciñais era a eliminación das cunetas inclinadas onde había vivendas o que permitiu construír así zonas de aparcamento, e tamén beirarrúas, en vez da senda peonil prevista. A Xunta tamén está estudando a posibilidade de dotar de pasos de peóns a esta vía, naquelas zonas onde haxa beirarrúas.

    Redacción Salnés