A Asociación Galega de Linfedema abre a primeira delegación

    linfedema_copia100.jpgVILAGARCÍA> Nas súas oficinas, na Estación de Autobuses, darase apoio e asesoramento a enfermos e familiares do Salnés e do resto de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/LINFEDEMA.flv{/flowplayer}

    Vilagarcía acolle a primeira e única delegación, polo momento, da Asociación Galega de Linfedema. Trátase dunha agrupación voluntaria sen ánimo de lucro que pretende prestar apoio psicolóxico e asesoramento médico ós enfermos de linfedema, tanto en estado primario como secundario. Unha enfermidade que non é mortal pero que necesita diagnosticarse de forma precoz.

    Dende a asociación sinálase que, con un bo tratamento e bos coidados, se pode levar unha boa calidade de vida. En caso contrario, pode desembocar en casos irreversibles.

     En España non existe un estudo do número de persoas afectadas polo linfedema, nin sequera se estuda na Facultade de medicina, polo que non existen especialistas. Calcúlase que no noso país unhas 800.000 teñen esta enfermidade, 45.000 delas en Galicia.

    O 6 de marzo celebrarase o día Nacional do Linfedema. Na praza de Galicia de Vilagarcía, instalarase unha mesa informativa.

    Redacción Salnés