O candidato de Independientes por Ribadumia critica as propostas de Somos Ribadumia e do PP local

RIBADUMIA> O alcalde de Ribadumia critica as propostas de Somos Ribadumia e do PP local. David Castro considera que a proposta de Somos de trasladar o campo do Umia a outra localización só ten motivos políticos. Tamén acusou ó PP de facer promesas electorais con actuacións fora das súas competencias.

Nas campañas electorais non hai aliados. Independientes e Somos Ribadumia que durante estes catros anos compartiron mandato, agora manteñen diferenzas con respecto á localización do campo do Umia. Segundo o alcalde, a formación de Enrique Oubiña peca de incoherencia querendo trasladar o campo despois do investimento de 50 mil euros feita polo concello e a aprobación doutra proxecto de 30 mil para mellorar a iluminación.

O alcalde tamén criticou ó PP por querer crear un colexio novo.

David Castro asegura que o PP está a facer promesas con actuacións que non son da súa competencia.

O alcaldable de Independientes defendeu o proxecto do seu partido. A organización quere facer unha nova cafetería no campo do Umia, ampliar o pavillón, crear unha nova estación de autobuses, para mellorar a seguridade viaria, e un novo edificio de usos múltiples para todas as asociacións do concello.