A Xunta presenta o Plan de Sendas de Galicia en Vilanova

    VILANOVA> A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, acompañada polo alcalde de Vilanova de Arousa, presentou hoxe o Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés. 

    A Xunta de Galicia investirá case nove millóns de euros na execución de 5 novas sendas que facilitarán unha mobilidade segura e sustentable na comarca do Salnés…

    Estas cinco actuacións inclúense no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de O Salnés, que esta mañá presentou en Vilanova a Conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez. 

    Os proxectos pretenden mellorar a seguridade viaria e ao tempo fomentar o turismo da contorna.

    O organismo autonómico prevé ter redactados os proxectos en verán, para proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo as propostas dos concellos.

    Estos son os datos que explicaba esta mañá en Vilanova, a Conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, acompañada do alcalde e presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán e o delegado da Xunta en Pontevedra. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/conselleira_sendas_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/conselleira_sendas_salnes.mp4{/flowplayer}